Artigos desta sección
Varios servizos de Apple e Microsoft non se someterán á DMA
No mes de setembro designáronse as compañías que se consideraban gardiás na Internet, debendo someterse á Lei de Mercados Dixitais, quedando en suspenso a decisión de se certos servizos tiñan un volume de uso dabondo en Europa para xustificar a súa regulación, e finalmente a Comisión Europea resolveu que certos servizos de Apple e Microsoft quedaban libres do (...)
Ler máisnVIDIA lanza un chat con IA capaz de funcionar en local
Os grandes modelos de linguaxe non paran de avanzar para poder correr sen grandes recursos, de xeito que xa temos aplicacións de solucións de IA que corren en local en móbiles (como os Galaxy S24 de Samsung) e agora, dende nVIDIA, sorprenden presentando Chat with RTX, unha aplicación que serve de demostración dun GPT personalizado conectado cos nosos propios (...)
Ler máisO Hub Audiovisual galego acadou un impacto económico de máis de 32 millóns de euros
O Hub Audiovisual - Industria Cultural Galega supuxo un incremento da produción cultural galega en máis de 32 millóns de euros, contribuíu á materialización de 109 proxectos de distintas naturezas e disciplinas artísticas e acadou a creación de 777 postos de traballo anuais equivalentes a tempo completo. Así se reflicte no informe de resultados económicos (...)
Ler máisO Colexio de Xornalistas reivindica o xornalismo de proximidade no contexto da radio dixital
Con motivo da celebración, este martes 13 de febreiro, do Día Mundial da Radio, a xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia emitiu un comunicado no que reivindica a información de proximidade e as emisoras locais “dentro do novo ecosistema radiofónico dixital que haberá marcar o futuro do medio”. O Colexio tamén fai un chamamento a (...)
Ler máisOs novos Galaxy S superan en nivel de satisfacción aos novos iPhone por primeira vez
Tradicionalmente Apple presumía do nivel de satisfacción dos iPhone, que eran os mellores do sector, á vez que tamén podiamos entender que os móbiles máis caros eran os máis valorados polos consumidores, pero un informe de PerfectRec revela un importante cambio de tendencia, pois non só os móbiles insignia de Samsung superan en satisfacción aos iPhone, senón que (...)
Ler máisOs controis da App Store en dúbida tras o éxito de descargas dunha aplicación pirata
Dende setembro do ano pasado figura na App Store unha aplicación para iPhone e iPad chamada Kimi, que dicía servir para comprobar a nosa fatiga visual, e que misteriosamente chegou a coarse entre as aplicacións máis descargadas. A causa? Que realmente a aplicación servía para ver series de televisión e películas (...)
Ler máisRadio Nacional inicia as emisións en DAB+
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Radio e co ano do centenario da radio en España, Radio Nacional de España iniciou as súas emisións de radio dixital a través da tecnoloxía DAB+ coa intención de despregar este estándar de radio dixital por toda a xeografía española contando con que a longo prazo substitúa á radio (...)
Ler máisO vindeiro sábado entregaranse en Compostela os Premios Youtubeiras
Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago e Teo, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os (...)
Ler máisO plan con publicidade de Prime Video podería chegar con menos calidade de audio e vídeo
O anuncio de que Prime Video vai comezar a integrar publicidade agás que se pague un incremento na súa cota mensual non foi agradable, pero mentres en España non sabemos cando comezará a aplicarse esta nota política, nos EE.UU. entrou en vigor o pasado día 29, e chegou cun detalle máis que tampouco está a agradar: a calidade do streaming con publicidade é (...)
Ler máisA final da Super Bowl fai historia nos EE.UU.
Pese a que levamos anos vendo como ás novas pantallas rouban audiencia á televisión tradicional, nos EE.UU. vén de producirse un acontecemento histórico, xa que a final da Super Bowl sumou 123,4 millóns de espectadores, converténdose no evento máis visto dende a chegada do home á (...)
Ler máis0 | ... | 7110 | 7120 | 7130 | 7140 | 7150 | 7160 | 7170 | 7180 | 7190 | ... | 48930
