Artigos desta sección
AGalega fai balance do seu primeiro mes de actividade
O 17 de xaneiro abriuse oficialmente ao público a plataforma dixital AGalega, acompañada AGalega Audio e Xabarín (para os contidos de radio e infantís respectivamente), e neste primeiro mes de vida rexistraron 396 mil sesións repartidas en 125 países distintos.
Ler máisO 75,85% do tráfico publicitario de X/Twitter durante a Super Bowl podería ser falso
Como é posible que X/Twitter presuma de resultados extraordinarios durante a Super Bowl cando a percepción do público é que a plataforma está peor que nunca? Pois a resposta a este contraste chega da man de CHEQ, unha firma líder en ciberseguridade especializada en detectar usuarios falsos e bots, que sostén que o 75,85% do tráfico de X/Twitter que chegou ás (...)
Ler máisSkyShowtime terá publicidade en abril
Continúa a medrar a tendencia das plataformas de vídeo baixo demanda de incorporar plans con publicidade na súa oferta, o que pode verse como unha suba de prezos encuberta e como os inicios de transformación para que as plataformas OTT rematen sendo a nova televisión.
Ler máisSantiago acolle este sábado a entrega dos Premios Youtubeiras 2023
Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística de nove concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, fará entrega dos Premios Youtubeiras 2023 este sábado, 17 de febreiro. A gala de entrega celebrarase no Teatro (...)
Ler máisA Xunta presenta na Cámara da Coruña as axudas para a modernización do sector comercial
Ás 9:30h da mañá deste venres, 16 de febreiro, o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia, acompañado polo director xeral da Cámara de Comercio, Manuel Galdo, presentaban nunha xornada informativa, que se levou a cabo na sede da Cámara de Comercio da Coruña, os novos apoios da Xunta de Galicia para impulsar a transformación (...)
Ler máisPolítica Lingüística oferta 31 cursos titorizados en liña para a obtención dos CELGA 2, 3 e 4
O DOG publica este 16 de febreiro a convocatoria, con carácter gratuíto, do cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (CELGA), niveis 2, 3 e 4, achegados pola Secretaría Xeral Xeral de Política Lingüística. A iniciativa encádrase no plan de formación en lingua galega do departamento que dirixe Valentín García e (...)
Ler máisAbanca brindará apoio financeiro ás persoas colexiadas do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Abanca veñen de asinar un acordo de colaboración que pon a vista na mellora do acceso ao crédito das persoas colexiadas e das súas familias. A través deste convenio, sinalaron as dúas entidades, as e os integrantes do CPEIG poderán dar resposta ás súas necesidades persoais e laborais “nun (...)
Ler máisSOGAMA lanza un buscador web que nos resolve dúbidas sobre o correcto depósito de aparellos
A moitos de nós asáltanos ás veces a dúbida de que pasos dar para desfacernos dun aparello electrónico que xa non empregamos, está avariado ou está obsoleto. Para facilitarnos o correcto camiño para o seu tratamento, SOGAMA activou este mes de febreiro un sinxelo buscador (a ferramenta Onde vai?) que achega información precisa sobre cara a onde temos que (...)
Ler máisOs monólogos R regresan aos escenarios galegos cargados de Ignorancia Artificial
Volven os monólogos R ás táboas da nosa terre e fano cunha chiscadela ao tema do que tanto se fala: a Intelixencia Artificial. Como non podía ser doutro xeito, os protagonistas deste novo ciclo abordarán a dita cuestión dun xeito retranqueiro, de aí o título da xira: Ignorancia Artificial. A través das sesións programadas, convidarase ao público a preguntarse se (...)
Ler máisA Deputación da Coruña financia con 211.000 euros a dinamización dos coworkings da Rede Provincial
A Deputación da Coruña anunciou que vai financiar con 211.000 euros, este ano 2024, a dinamización dos coworkings da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, composta por once centros de emprendemento e emprego innovador diseminados noutros tantos concellos da provincia. As achegas están destinadas a que os centros de traballo integrantes da (...)
Ler máis0 | ... | 7070 | 7080 | 7090 | 7100 | 7110 | 7120 | 7130 | 7140 | 7150 | ... | 48930
