Artigos desta sección
Telefónica estima que en 2008 se duplicará en Galiza a presenza do seu servizo Respuesta Empresarios
Telefónica quere afianzar a súa presenza entre as pequenas e medianas empresas (pemes), así como no eido dos negocios en xeral, de aí que xa teña en marcha programas como Respuesta Empresarios, un paquete de xestión integral de comunicacións para o eido profesional. A este respecto, a operadora vén de lanzar datos sobre o acadado xa co dito programa na nosa (...)
Ler máisA Mesa reclama a tradución do Dragon Ball GT ao galego
A distribuidora Selecta Visión vai pór no mercado o DVD da terceira e última entrega da saga da mítica serie de debuxos animados Dragon Ball GT, continuación de Dragon Ball e Dragon Ball Z, que os galegos non poderemos escoitar na nosa lingua por (en palabras da Mesa) “unha decisión da TVG de excederse nos prezos das dobraxes”. Así o vén de anunciar a (...)
Ler máisUrco, a editorial galega especializada en fantasía e terror, estrea blog
A editora galega Urco, da que falamos hai uns meses con motivo da súa posta en marcha (e da súa web), está a incorporar máis canles de comunicación cos lectores da nosa terra, principalmente os lectores afeccionados ós xéneros da ciencia ficción ou do terror. Urco, que apostando por estas temáticas aposta tamén por traballar unha eira en barbeito –a da fantasía- (...)
Ler máisEganet abre a convocatoria para participar na quinta edición dos seus premios
A fin de estimular a labor de creación dos empresarios, profesionais e outros axentes comprometidos coa Sociedade da Información en Galicia, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) vén de convocar a quinta edición dos seus premios que, en palabras da organización, “teñen en Internet e as novas tecnoloxías da (...)
Ler máisA ciencia das mulleres galegas, agora máis accesible vía Internet
Malia que o concepto de ciencia vai case sempre ligado a progreso, a verdade é que na cuestión da paridade a investigación é tan deficitaria coma calquera outro sector, materia, eido ou disciplina. E iso, pese á cada vez maior presenza das mulleres nas universidades. Contribuír a paliar a situación de desigualdade e, tamén, a dar a coñecer o traballo as (...)
Ler máisA FECYT acolle a 1.600 nenos galegos nos seus obradoiros de robótica
A Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) vén de por en marcha o obradoiro divulgativo Descubre a Robótica, que se levará a cabo en 9 comunidades autónomas e máis de 150 centros educativos de primaria de toda España, co obxectivo de espertar o interese pola ciencia e a tecnoloxía dos seus alumnos, a través dun programa no que eles mesmos constrúen, (...)
Ler máisOrange introducirá tons de espera publicitarios compartindo os beneficios cos seus clientes
O vindeiro luns a operadora de telefonía móbil Orange vai lanzar en España o seu servizo Promo Tonos, que retribuirá economicamente os seus clientes que cambien os tons de espera das chamadas por melodías relacionadas con campañas publicitarias que eles elixan. Os tons procurarán ser graciosos ou con cancións que aparezan en anuncios de televisión ou radio, de (...)
Ler máisO Messenger baila o Chiki Chiki
Aproveitando a proximidade do Día do Orgullo Friki, o equipo de Windows Live España ampliou a súa oferta de buddies (bonequiños do Messenger) para incluír adaptacións moi orixinais de personaxes de ficción coma Ioda, Darth Vader, Chewbacca, Frodo, Spider-Man ou Mr. Spock, pero non quixeron quedar aí, e engadiron ao Gañán de La Hora (...)
Ler máisA Xbox 360 dobra as súas vendas en Europa grazas á súa rebaixa de prezo
A baixada de prezo da Xbox 360 tivo unha importante repercusión nas vendas da consola de alta definición de Microsoft, que nun principio parecía traducirse nun incremento de consolas vendidas dun 40%, pero agora a compañía de Redmond confirma que a cousa non quedou aí, e finalmente vende o dobre de unidades, grazas a que a Xbox 360 xa é a consola de nova (...)
Ler máisFerrol acollerá o 3º Hack Meeting (GNU/Linux)
Durante a última fin de semana de abril celebrarase no Ateneo Ferrolán o 3º Hack Meeting organizado pola Unión Libertaria, e que tratará distintos temas relativos ao software libre baseado en GNU/Linux.
Ler máis0 | ... | 39210 | 39220 | 39230 | 39240 | 39250 | 39260 | 39270 | 39280 | 39290 | ... | 42560