Artigos desta sección
China supera a EE.UU. en número de internautas
China leva meses liderando o mercado mundial de telefonía móbil, e agora parece que tamén supera a EE.UU. en número de internautas, xa que estiman que durante o mes de marzo se superaron os 233 millóns de usuarios da Rede fronte aos 220 que ten os EE.UU. Estes datos aínda son máis significativos se consideramos que durante 2006 o número de chineses conectados (...)
Ler máisA Xunta presenta o proxecto Audiovisual nas Aulas 2008
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e mailo secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, veñen de presentar o proxecto Audiovisual nas Aulas 2008, un programa que ten como finalidade que os adolescentes estean en contacto coa linguaxe e os medios audiovisuais dende a infancia, de xeito que se (...)
Ler máisFilmaka, a web de procura de talentos do cinema, entra na recta final
Non só a industria da música está a buscar novos xeitos de chegar ós consumidores e/ou seareiros, senón tamén a creación literaria, o deseño e mesmo o cinema. Tendo en conta isto, que todo se fai dun día para outro e que non hai nada definitivo, case cae de caixón que nunha mesma empresa haxa persoal que vexa á Rede coma a fin de todo negocio posible e outra coma (...)
Ler máisA Xuntanza Blogueira de Agolada incluirá música, relatorios e visitas guiadas polo contorno
Unha reunión blogueira no centro de Galiza (o vértice mesmo dun mapa dobrado en catro partes) e que, amais de servir para afianzar os fíos que unen ó colectivo, faga de altofalante para reivindicar un dos espazos de máis valor etnográfico e histórico de Galiza. Esta é máis ou menos o obxectivo da primeira Xuntanza de Blogueiros de Agolada, o 31 de maio, encontro (...)
Ler máisNvidia presenta CUDA, unha das 100 innovacións máis importantes de 2007
A compañía de tecnoloxías de visualización de gráficos, Nvidia Corporation, vén de presentar nun tour europeo o seu software CUDA, a “primeira tecnoloxía que pode converter calquera tarxeta gráfica nun procesador”. Segundo os responsables de CUDA, este software foi concibido especificamente para converter os procesadores gráficos (GPU) “nunha nova (...)
Ler máisHotmail deixará de funcionar a través de Outlook Express
Microsoft está a preparar un cambio de protocolos no seu servizo de correo electrónico Hotmail, o que terá como principal consecuencia que deixará de estar dispoñible dende o Outlook Express, pese á popularidade deste lector de correo electrónico. Esta cambio débese a un avance nas estratexia Live de Microsoft, polo que os usuarios que queiran seguir a contar (...)
Ler máisConfírmase o retroceso da especulación con dominios na Rede
Nos últimos tempos estase falando moito de ciberokupas e cun aquel de falsidade. Dito doutro xeito: comparar a alguén que vive nunha casa ocupada con un individuo que na Internet se dedica a acaparar dominios para logo sacar beneficio do tema é sen lugar a dúbidas unha semellanza feita á lixeira e, sobre todo, inxusta. Dito doutro xeito: é coma se (...)
Ler máisO CESGA deseñará un curso de formación en liña para persoal de recursos humanos de toda Europa
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Consellaría de Innovación, vai desenvolver, no marco do Proxecto YES (Youth Employment Support), un contorno virtual de formación baseado no software libre, que está implementado e adaptado para ofrecer formación ao persoal de recursos humanos das pequenas e medianas empresas en Europa. O (...)
Ler máisR dará servizo en Melide a partir do vindeiro verán
A alcaldesa de Melide, María Socorro Cea, e o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, explicaron esta mañá os detalles do acordo polo que se está a estender a nova infraestrutura de fibra óptica no concello e que permitirá aos habitantes da vila recibir os servizos do operador galego de cable este verán. Melide contaría así con servizos integrados de (...)
Ler máisEstremadura habilita na Rede un espazo para vela polo miúdo en tempo real
Se a aposta polo software libre fose unha carreira de obstáculos (e éo, en certa medida), Estremadura xa tería deixado superado algún que outro. O resto, con maior ou menor distancia cara a adiante ou cara a atrás, aínda estaría a rentes da liña de saída. O caso é que temos máis novas sobre o que se está a facer na dita comunicade en materia de liberación e (...)
Ler máis0 | ... | 39200 | 39210 | 39220 | 39230 | 39240 | 39250 | 39260 | 39270 | 39280 | ... | 42560