Artigos desta sección
O vindeiro Prime Day durará 4 días
Amazon celebrará unha nova edición do Prime Day entre o 8 e o 11 de xullo, ampliando a duración do evento, que naceu en 2015 cunha duración de 24 horas e en 2019 se estabilizou en 48 horas. Agora que se dobrou a duración xa se poderiamos falar de Amazon Week. Durante estes períodos de promoción a multinacional de comercio electrónico achega centos de milleiros (...)
Ler máisO CiTIUS presenta o primeiro capítulo da nova tempada do seu podcast sobre IA
Dende o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) anunciaban onte a segunda tempada do podcast deseñado e producido totalmente por eles. Estamos a falar de Mentes Singulares, un podcast que se centrará nunha conversa profunda e interdisciplinar sobre a Intelixencia Artificial (IA), as (...)
Ler máisA rapazada de Rianxo ten até o 30 de xuño para inscribirse no Campamento Dixital
O Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo impulsa esta tempada estival unha nova edición do seu Campamento Dixital, actividade de conciliación e formación dirixida a rapazada de 9 a 12 anos. Segundo veñen de confirmar dende o Concello, o prazo de inscricións estará aberto ata o 30 de xuño ou ata esgotar prazas. Quen precise máis datos ou facer inscricións (...)
Ler máisBabel, elixida por AMTEGA para reforzar a ciberseguridade das administracións galegas
Babel, multinacional tecnolóxica española especializada en solucións de transformación dixital, anunciou a adxudicación por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dun acordo marco orientado a proporcionar servizos de consultoría e apoio na adecuación normativa, orientado a reforzar a ciberseguridade das administracións públicas e (...)
Ler máisA ABE e Kracia Comunicación encherán as redes de contidos audiovisuais sobre os negocios de Boiro
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) lanzou neste ecuador do mes de xuño unha nova campaña de dinamización comercial. Trátase de Sabías que?, unha acción de comunicación que, en palabras da ABE, “busca achegar aos negocios de Boiro todo o valor que supón formar parte da asociación empresarial da vila”. A través desta campaña, a ABE irá publicando de forma (...)
Ler máisA RAG e PuntoGal resolven o VIII Concurso de Microrrelatos con premios de Galicia a Polonia
O VIII Concurso de Microrrelatos que organizan a Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal xa ten palmarés. Na categoría de adultos proclamáronse gañadores Santiago Argüeso Galván (1997), gañador do 1º premio, e Damián Fernández Rodríguez (1986) e Rebeca Lema Martínez (1986), que se fixeron co segundo e o terceiro, (...)
Ler máisMedran as friccións entre Microsoft e OpenAI
The Wall Street Journal asegura que a histórica colaboración entre OpenAI e Microsoft está a vivir unha etapa de tensións crecentes e desacordos que poderían pór en risco o seu futuro. Segundo fontes próximas á negociación, OpenAI estaría a explorar incluso unha ofensiva legal contra Microsoft por supostas prácticas anticompetitivas no marco do seu contrato (...)
Ler máisA familia Trump entra no sector da telefonía móbil
Aproveitando a posición actual de Trump, o conglomerado empresarial familiar aproveita para lanzar Trump Mobile, un operador de telefonía móbil nos EE.UU. que funcionará a través do OMV Liberty Mobile (que fai uso da rede de T-Mobile) e ousa incluso a anunciar que en agosto/setembro porán á venda o T1 Phone, que sería un smartphone con acabados dourados (...)
Ler máisO ciclo Saúde mental en Galicia fai un chamamento por un uso responsábel e consciente das redes sociais
Este luns 16 de xuño celebrouse en Santiago (no Hotel Eurostars Araguaney) a primeira xornada da 2ª edición do ciclo de conferencias Saúde mental en Galicia, adicado á temática das redes sociais, mocidade e saúde mental e organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas co apoio da Consellería de (...)
Ler máisMundos Digitales explorará os límites da tecnoloxía na creación dixital na súa 23ª edición
A Coruña converterase, entre o 3 e o 5 de xullo, na capital internacional da animación, os efectos visuais e a innovación audiovisual coa celebración dunha nova edición de Mundos Digitales. O congreso, que cumpre 23 anos, contará cun ambicioso programa centrado na produción virtual e a intelixencia artificial, e acollerá figuras destacadas como o director Tim (...)
Ler máis0 | ... | 3140 | 3150 | 3160 | 3170 | 3180 | 3190 | 3200 | 3210 | 3220 | ... | 48940
