Artigos desta sección
O GaiásTech acolle este xoves a celebración do 10ª aniversario da Oficina de Concellos
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan este xoves a xornada conmemorativa do 10º aniversario da Oficina de Concellos, que forma parte do programa de actividades de divulgación e asesoramento á sociedade en xeral, e en especial aos axentes implicados no ámbito (...)
Ler máisVitae indica que a xestión do dato e as solucións cloud foron este 2025 as grandes prioridades formativas
Ás portas de pechar a tempada de formación correspondente ao primeiro semestre de 2025, Vitae Consultores, firma galega centrada en contribuír á capacitación avanzada dos profesionais das nosas empresas TI, fixo un balance do panorama actual da formación e a selección de profesionais das novas Tecnoloxías da Información en (...)
Ler máisA Deputación de Lugo entregou os diplomas da 21ª promoción do curso do Centro de Formación Audiovisual
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, clausurou este martes 17 de xuño o curso 2024/2025 do Centro de Formación Audiovisual da Deputación (CFA) coa entrega de diplomas á 21ª promoción de graduados en Realización e Produción. A gala, á que asistiron familiares e amigos, estivo inspirada no Studio Ghibli e foi organizada e realizada polo (...)
Ler máisO alumnado de catro centros educativos ourensáns recibe os carnés de ciberexpert@s
Este martes 17 de xuño o subdelegado do Gobierno en Ourense, Eladio Santos, fixo entrega dos carnés de ciberexpert@s ao alumnado de sexto de primaria CEIP Plurilingüe Seixalbo, CEIP As Mercedes, CPR A Purísima e CPR Maristas Santa María, todos eles pertencentes á cidade das Burgas. Os distintivos, incluídos no Plan Director do Goberno, proban que os e as (...)
Ler máisVía libre á planta de chips fotónicos de Vigo: proxecto SPARC
O Consello de Ministros aprobou este 17 de xuño a participación da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica (SETT) no proxecto SPARC da factoría de semi condutores de Vigo, cunha inxección económica de 17,2 millóns de euros.
Ler máisTodos os vídeos que se compartan en Facebook serán considerados Reels
Facebook vén de anunciar unha importante actualización na súa plataforma de vídeo: a partir dos vindeiros meses, todos os vídeos que se publiquen na rede social pasarán a compartirse como Reels, sen importar a súa duración ou formato. Deste xeito, tanto vídeos curtos como longos pasarán a convivir baixo o mesmo (...)
Ler máisA 2ª edición InnovaTech FP premia proxectos tecnolóxicos dunha decena de concellos
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presidiu este martes 17 de xuño a entrega de premios da 2ª edición do certame InnovaTech FP a centros educativos da Coruña, Culleredo, Ferrol, Lugo, Vilalba, Maceda, Ourense, Xinzo de Limia, Pontevedra e Vigo. O acto desenvolveuse no Centro Integrado de FP Universidade Laboral, en Culleredo, coa presenza de (...)
Ler máisFan balance da Plataforma Territorio Intelixente
O Consello da Xunta vén de coñecer un informe sobre a evolución da Plataforma Territorio Intelixente, unha ferramenta que integra datos xeográficos e información procedente de sensores para monitorizar o comportamento do territorio galego co obxectivo de mellorar a súa xestión e os servizos (...)
Ler máisTinder quere revitalizarse con citas dobres
Tinder vén de presentar Double Date, unha funcionalidade que permite emparellarse cun amigo ou amiga para ligar con outras parellas dentro da aplicación. O obxectivo é transformar a experiencia do Swipe nun xogo compartido, máis divertido, máis social e con moita menos presión.
Ler máisO proxecto Neurocloud da spin-off coruñesa Qubiotech, Premio e-Inclusión do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acordou conceder o seu Premio e-Inclusión ao proxecto Neurocloud, a plataforma de análise de imaxes do cerebro da spin-off coruñesa Qubiotech (nome completo Qubiotech Health Intelligence). Será entregado, como os restantes galardóns anuais do CPEIG, no marco da Noite da Enxeñaría en (...)
Ler máis0 | ... | 3130 | 3140 | 3150 | 3160 | 3170 | 3180 | 3190 | 3200 | 3210 | ... | 48940
