Novas consolas portátiles educativas para cativos

martes, 8 de xullo do 2008 Marcus Fernández

LeapFrog vén de lanzar ao mercado norteamericano un par de consolas de videoxogos para cativos orientadas tamén ao uso educativo. O modelo superior sería o Didj, que se vende a 89,99 dólares e podería ser unha relativa ameaza para a Nintendo DS. Está dirixida a un público de entre 6 e 10 anos, e xa conta con varios xogos educativos protagonizados por personaxes coma Bob Esponxa ou Sonic, que se poden personalizar conectando a consola a un PC ou Mac conectado á Internet (deixando ao usuario a personalización do seu usuario, o escenario de fondo, as cores ou a música do xogo). Tamén se poden personalizar os contidos educativos.
Orientándose a un público máis novo tamén lanzan a Leapster 2, que se vende a 69,99 dólares. Cómpre destacar que esta consola tamén se pode conectar ao PC, o que permitiría que os pais puidesen seguir os progresos dos seus cativos nos distintos xogos.

PUBLICIDADE