Nokia achega widgets ós móbiles

xoves, 5 de outubro do 2006 Marcus Fernández

As pequenas aplicacións que se poden colocar no escritorio do ordenador ou nunha páxina web e que responden ó nome de widgets tamén se achegarán ós móbiles, e así Nokia anunciou que moitos dos terminais de telefonía móbil poderán incorporar agora o que dan en chamar WidSets, que se poden configurar de balde dende a súa páxina web, de xeito que dende os móbiles se pode acceder de xeito doado a servizos coma os titulares de Google News, ás fotografías de Flickr, a Technorati, a información meteorolóxica, a Fotolog, a moitos servizos de novas e a case calquera blog do mundo.
O sistema de WidSets instálase no móbil e funciona cando o terminal está conectado á Internet, de xeito que permite a actualización dos contidos dos widgets, sendo o interesante servizo de balde, aínda que para empregalo haberá que pagar os custos asociados á descarga de datos a través do móbil.

PUBLICIDADE