Nintendo mellora os seus resultados económicos grazas ás súas consolas de videoxogos

venres, 27 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Nunhas datas nas que as grandes empresas están a publicar os seus resultados económicos coñecemos que a nipona Nintendo acadou un beneficio neto de 80.251 millóns de iens (484,5 millóns de euros) no primeiro trimestre do seu exercicio fiscal (de abril a xuño) polo que quintuplicaría os resultados do mesmo período de 2006, grazas especialmente ó éxito da Nintendo Wii e a Nintendo DS, que acadaron unhas vendas de 3,43 e 6,98 millóns de unidades respectivamente.
Hoxe hai xa 47,27 millóns de unidades da consola portátil de Nintendo no mercado, mentres que a súa nova consola doméstica chegou ós 9,27 millóns, polo que o potencial de vendas de xogos e periféricos para estas plataformas tamén é moi importante, impulsando que Nintendo entrase a formar parte das 10 empresas xaponesas de maior capitalización bursátil.

PUBLICIDADE