Nintendo lanzará unha Wii negra no Xapón
xoves, 4 de xuño do 2009
O 1 de agosto sairá
á venda no Xapón por 25.000 iens (182,75
euros) unha Wii de cor negra, que serÃa a primeira cor
alternativa oficial para a consola doméstica de Nintendo. No lanzamento da
consola xa se agardaba que saÃsen modelos en branco, vermello, prata, verde
lima e negro, pero polo momento só estaba dispoñible a Wii en branco.
Para completar o lanzamento tamén permitirán a adquisición de periféricos en
cor negra coma o Wiimote, o nunchaku e o controlador clásico.