Nintendo domina as vendas de videoxogos no Xapón

mércores, 22 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O grande fenómeno de vendas no sector dos videoxogos nestas datas parece que está a ser o New Super Mario Bros. 2 para Nintendo 3DS, que está a demostrar que a 3DS conseguiu encarreirar a súa traxectoria no último ano, consolidándose como unha plataforma de futuro que durante a semana pasada vendeu no Xapón 111.857 unidades, mentres que a súa competidora directa, a PS Vita, tivo que conformarse con 11.298 unidades vendidas, quedando incluso por debaixo da PSP (13.285 unidades).
Pero o panorama xaponés está a contrastar bastante co resto do mundo, estando as vendas da pasada semana totalmente dominadas por Nintendo, compañía que conseguiu ocupar os 10 primeiros postos dos videoxogos máis vendidos (e 16 postos dos 20 primeiros). Temos así que o xogo máis vendido foi New Super Mario Bros. 2 lidera as vendas con 148.225 copias (e iso que xa colocar 912.597 unidades a semana anterior), o xogo de DS Pokémon Blak 2 / White 2 no segundo posto con 62.274 copias, seguidos por Dragon Quest X (Wii), Just Dance Wii 2 (Wii), Tohoku University Aging Medicine Research Institute (3DS), Taiko no Tatsujin: Chibi Dragon to Fushigi na Orb (3DS), Wii Sports Resort co Wii Remote Plus (Wii), Tousouchuu: Shijou Saikyou no Hunter-Tachi Kara Nigekire! (3DS), Kirby’s Dream Collection: Special Edition (Wii) e Kobitodzukan: Kobito Kansatsu Set (3DS).

PUBLICIDADE