Movistar sube a cota de liña a boa parte dos seus clientes de telefonía fixa

xoves, 27 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Na páxina web de Movistar figura a suba da cota de liña que aplicarase retroactivamente dende o pasado 1 de abril

Dende ADSLzone dan conta de que Movistar dirá adeus á cota de liña a 13,97 euros + IVE que mantiña nas conexións de ADSL e fibra óptica, subindo tal contía ata os 14,38 euros + IVE a partir do vindeiro día 1, aínda que o máis curioso deste cambio de tarifas é que realízase a partir das cotas correspondentes a partir do 1 de abril, de xeito que na vindeira factura realizarase unha regulación das cotas correspondentes aos meses de abril, maio e xuño, tal e como podemos ler na páxina web da compañía.
Dende o operador aseguran que aproximadamente o 90% dos minutos de chamadas que se realizan dende teléfonos fixos españois están suxeitos a tarifas planas, polo que esta suba na cota de liña só repercutiría en 1 de cada 10 minutos tarifados. Os servizos Fusión, Planazos e Tarifa Plana Hogar estarían fóra da suba por incluír a cota de liña no seu prezo.
Aínda que a suba na cota de liña resulta un tanto curiosa polo seu carácter retroactivo, cómpre destacar que Movistar mantén a cota máis barata do mercado español, en boa medida por estar regulada, aínda que é de agardar que continúe a incrementar o seu prezo nos vindeiros anos por aprobar a CMT que tal concepto poderá incrementarse en función do IPC.

PUBLICIDADE