Movistar amplía considerablemente a capacidade dos bonos Extra de datos durante dous meses

venres, 15 de xullo do 2016 Marcus Fernández

A partires do vindeiro luns Movistar conta cunha atractiva promoción de verán a través da que a opción Extra de datos de 3 GB pasa a ter 20 GB e o Extra de datos de 5 GB pasa a ter 50 GB, sen incremento de prezo (20 e 30 euros respectivamente) até o 17 de setembro, data na que ambas opcións de datos adicionais volverán á súa capacidade orixinal.
Esta oferta é válida tanto para novos clientes do Extra de datos como para os clientes actuais (para os que activarase a capacidade adicional de xeito automático) e supón unha magnífica solución para os usuarios que marchan da súa vivenda habitual durante o verán, xa que poderán gozar dun importante volume de datos no móbil sen ter que facer un grande desembolso económico, de xeito que incluso poderán gozar de contidos audiovisuais dende fóra do fogar, sen ter que andar a mirar constantemente o volume de datos consumidos.
Para evitar equívocos, os usuarios que non tivesen activado o Extra de datos, e queiran gozar desta promoción, poderán indicalo así, de xeito que a partires do 17 de setembro daríase de baixa o Extra de datos (de xeito que se queren mantelo terían que volvelo contratar).

PUBLICIDADE