Media Markt prepara a súa reapertura na Coruña
martes, 27 de maio do 2014
- Media Markt botara o peche en Dolce Vita cunha sonada liquidación
A primeiros de ano o centro comercial
Dolce Vita despediuse da tenda coruñesa de Media Markt, quedando a cidade
herculina á espera da reapertura da tenda lÃder na venda de electrónica de
consumo, o que acontecerá antes do verán no centro comercial Marineda City, tal
e como veñen de confirmar dende a compañÃa, que xa adianta que esta mesma
semana comezou a traballar o equipo do novo establecemento de cara á nova
inauguración.
Media Markt conservou o cadro de persoal da anterior tenda en Dolce Vita (que
botara o peche polo cesamento de actividade do centro comercial) e contará con
novas incorporacións para apoiar a súa nova apertura. En total 60 profesionais
traballarán no establecemento que volve tras 4 meses de inactividade, tendo que
conformarse desta volta cunha superficie de 2.200 m2 (as anteriores
instalacións ocupaban 3.000 m2).
Coa reapertura de Media Markt na Coruña a cadea de tendas de electrónica de consumo
consolida a súa presenza en Galicia, onde iniciara os seus pasos en Vigo, pero foi
espallando a súa implantación comercial ata establecerse tamén en Lugo e
Ferrol, de xeito que na nosa comunidade sumamos 4 dos 72 centros que a marca
ten no territorio español.
- A nova tenda de Media Markt en Marineda City xa incorporou ao seu cadro de persoal de cara á súa inauguración
ACTUALIZACIÓN (28-5-2014): Media Markt anuncia que a súa reapertura coruñesa será o vindeiro dÃa 5 de xuño: