Marca lanza unha promoción que permite adquirir unha Xbox 360 por 169 euros

venres, 30 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O diario deportivo Marca, xunto con Microsoft e Vodafone, organiza unha promoción especialmente destinada ós amantes ó lecer electrónico que queiran facerse cunha das consolas de videoxogos de nova xeración que máis éxito está a ter grazas ó lanzamento de novos títulos emblemáticos (coma Halo 3) e así os lectores que se fagan con 6 dos 10 cupóns que o xornal incluirá entre os días 3 e 14 de decembro poderán adquirir un pack Xbox Arcade e un teléfono móbil Nokia 6234 por só 169 euros entre os días 9 de decembro e 15 de xaneiro de 2008 (sempre que efectúen a reserv entre os días 2 e 10 de decembro).
Esta promoción está limitada a 10.000 unidades e precisa que o cliente asine un contrato de permanencia de 18 meses con Vodafone (que deberá ser unha nova alta, unha portabilidade ou unha migración a un contrato particular).
Fóra da promoción o prezo de Xbox 360 Arcade System é de 279 euros e o paquete está composto por unha consola Xbox 360, 1 mando sen fíos, 1 unidade de memoria de 256 Mb, 1 subscrición a Xbox LIVE Silver e 5 xogos arcade (UNO, Pac-Man Championship Edition, Feeding Frenzy, Luxor 2 y Boom Boom Rocket).

PUBLICIDADE