Máis de 200 establecementos permiten liberar móbiles para o seu uso con Simyo

luns, 19 de maio do 2008 Marcus Fernández

A operadora Simyo apoia a súa campaña promocional el boa medida en separar a comercialización das súas tarxetas dos terminais de telefonía móbil, polo que animan aos seus potenciais clientes a liberar os seus terminais baixo o lema de emancipa tu móvil, e para o que xa contan coa colaboración de máis de 200 locais colaboradores (aos que chama emancipadores) nos que facilita a liberación de móbiles, e que se poden localizar a través de Google Maps.
Os servizo de liberación de terminais non é de balde, pero os usuarios que o utilicen poderán mercar unha SIM de Simyo con 10 euros (20 euros se porta o seu número anterior) en chamadas por só 1 euro.
Esta iniciativa está a ser bastante ben recibida, e agarda que para final de ano o número de establecementos que se sumen á campaña sexa de 500. En Galicia, polo momento hai 6 tendas que permiten emancipar móbiles para o seu uso con Simyo, repartidas entre Narón, Santiago de Compostela, A Estrada, Vigo, Boiro e Ourense.

PUBLICIDADE