LG lanza unha plataforma de contidos 3D premium para os seus televisores

luns, 16 de abril do 2012 Marcus Fernández

Ante a falta de contidos 3D no mercado, e para facilitar que se poida tirar proveito dos seus televisores máis avanzados, LG vén de anunciar o lanzamento mundial de 3D World, un servizo de contidos de pagamento que estará dispoñilble para os usuarios de televisores conectados Cinema 3D en preto de 70 países.
3D World reparte contidos tridimensionais de alta calidade a través de distintas categorías (lecer, deporte, documentais, infantil e estilo de vida) cun acceso moi doado, confirmando a confianza de LG nos contidos en 3D, e fortalecendo o ecosistema creado ao redor da marca Cinema 3D.
O servizo 3D World chega ao televisor en forma de aplicación para os televisores da marca que hai no mercado, mentres que os que saían nos vindeiros meses estará integrado no propio sistema de menús.

PUBLICIDADE