Jajah dará minutos en chamadas a cambio de escoitar publicidade

martes, 6 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O servizo de voz sobre IP Jajah non só permite facer chamadas a baixo custo directamente dende as nosas liñas telefónicas (solicitando as conferencias a través da Internet ou do móbil) senón que tamén permite a opción de escoitar anuncios sonoros durante os tons de chamada que se converten en crédito en chamadas.
Para esta nova prestación, Jajah chegou a un acordo coa rede publicitaria Oridian, e dirixe os anuncios segundo a situación xeográfica do teléfono que realice a chamada de voz de xeito que a publicidade acada unha eficiencia máis elevada.
A plataforma publicitaria de Oridian é internacional, pero nun principio parece que primarán os anuncios en inglés, de xeito que dende España será complicado tirar proveito deste sistema.

PUBLICIDADE