Importante operación policial contra a comercialización de mod chips nos EE.UU.

venres, 3 de agosto do 2007 Marcus Fernández

As autoridades policiais norteamericanas efectuaron 32 rexistros en fogares, empresas e tendas nunha operación na que pretendían asestar un duro golpe ós vendedores de chips para modificar as consolas PS2, Nintendo Wii, Xbox e Xbox 360 de xeito que a súa instalación permite a utilización de xogos copiados nas mesmas.
Con esta operación (que se desenvolveu en 16 estados) concrétase unha investigación do departamento estadounidense de inmigración en consumo (ICE) desenvolvida durante os últimos 12 meses, nos que detectaron quen estaba a importar e vender mod chips en EE.UU., o que ocasiona perdas millonarias para a industria dos videoxogos.
As autoridades destacan que os mod chips que están a gañar máis popularidade son os da consola Nintendo Wii, dos que as autoridades xa incautaron 61.000 dende o pasado mes de abril, o que é unha cantidade moi importante destacando que está dirixido a unha consola que aínda acaba de chegar ó mercado.

PUBLICIDADE