IBM renova a súa confianza na firma galega Inforhouse

luns, 5 de febreiro do 2024 S. P.

A multinacional IBM e a tecnolóxica galega Inforhouse renovaron co inicio do novo ano o seu acordo de colaboración. A renovación formalizada este 2024 implicou o recoñecemento da empresa da nosa terra como socia comercial nivel gold, unha distinción que sitúa a Inforhouse entre os partners líderes a nivel estatal.
Segundo lembran fontes da firma TIC con sede en Santiago, xa hai máis de tres décadas que Inforhouse forma parte do ecosistema de partners de IBM de forma ininterrompida. E engaden: “A configuración dun equipo comercial e técnico, cualificados e experimentados ambos, e o desenvolvemento de diferentes proxectos en España, foron claves para escalar ata un nivel altamente esixente”.
Na carteira de solucións de Inforhouse atópanse as avanzadas baseadas en software IBM, as solucións de IBM Storage para almacenamento de datos e sistemas IBM Power.

PUBLICIDADE