Hoxe retómanse os apagados analóxicos en 13 concellos galegos

luns, 25 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

Ao longo do día de hoxe e logo do parón realizado na fin de semana, o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Medios e en colaboración co Goberno Central, vai retomar os apagados analóxicos que se están a levar a cabo en toda a Comunidade dende a pasada semana e que producirán os ceses nun total de 13 concellos galegos máis.
En concreto, hoxe produciranse os apagados analóxicos nos centros de Oza dos Ríos, Aranga, Betanzos, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, pertencentes á área técnica de Ares. Estes apagados afectan, total ou parcialmente, aos concellos de: Aranga, Betanzos, Coirós, Irixoa, Monfero, Oza dos Ríos, Paderne, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Vilarmaior, Cesuras, Curtis, As Somozas.
Asemade, e seguindo a mesma liña, mañá martes, 26 de febreiro, produciranse os apagados analóxicos nos centros de Celanova, A Bola, Bande, Bande II, Chantada, Chantada II, Allariz e Xinzo, todos eles da área técnica de Meda. Os apagados afectan, total ou parcialmente, a 18 concellos: Allariz, Baltar, Bande, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Celanova, Chantada, Muíños, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
A Secretaría Xeral de Medios lembra que os cidadáns teñen á súa disposición o teléfono de información 012 ou o 981 572 154, da Oficina Técnica da TDT, onde poderán facer calquera consulta sobre o proceso de implantación da televisión dixital terrestre ou resolver calquera dúbida que poidan ter a este respecto.

PUBLICIDADE