HP mira ao futuro do almacenamento

venres, 20 de febreiro do 2009 Raquel Noya

O Pazo de Congresos de Madrid, acolleu onte a meirande cita tecnolóxica en materia de almacenamento que ofrece Hewlett-Packard: o HP StorageWorks Day 09, que lle serviu á compañía para dar a coñecer a súa visión de futuro do negocio e as expectativas que teñen para co mesmo.
Aproveitando a importancia do acto e a presenza dos directivos da compañía, HP levou a cabo unha rolda de prensa na que falou das novas tendencias no eido do almacenamento e na que afirmou “afrontar con optimismo e preparación os novos retos nesta materia”.
Segundo afirmaron os reponsables de HP, o almacenamento está a experimentar un “rápido crecemento” nas áreas de colaboración, Internet, axuda na toma de decisións e infraestrutura de TI, polo que, aseguraron, as empresas “precisan dispor dunha infraestrutura de almacenamento” que mellore o emprego de activos e a eficiencia física, financieira e de xestión; “características que reúnen os novos dispositivos de almacenamento de HP”, asegurou Carlos Precisado, director da unidade de negocio de almacenamento de HP para España e Portugal.
Preciado afirmou, asemade, que “hai que pensar en servidores e almacenamento nun mismo entorno virtual”; neste senso, o directivo destacou que “a facilidade e o manexo estándar son dúas características que deben estar e que están presentes” nos novos dispositivos de almacenamento da compañía que representa.
Os responsables de Hewlett-Packard adiantaron que, en breve, lanzarán “novos e innovadores” produtos de almacenamento dos cales darán conta na vindeira eWEEK.

PUBLICIDADE