Fujitsu podería lanzar o seu lector de libros electrónicos en cor no outono

martes, 15 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O ano pasado Fujitsu presentou FLEPia, o que sería o seu propio lector de libros electrónicos que destaca fronte a modelos anteriores por ser capaz de presentar en pantalla ata 4.096 cores, o que abre unha porta a novos tipos de contidos, dotando de cor o que ata o momento eran só niveis de grises. Agora parece que este lector de libros electrónicos cunha pantalla de tamaño A4 sairá á venda en este outono no Xapón a 100.000 iens (uns 600 euros) na súa versión con Wi-Fi. Agárdase que este modelo sexa capaz de amosar 3.000 páxinas cunha única carga, que só pese uns 320 gramos e que a súa pantalla sexa capaz de presentar unha imaxe de 768 x 1.024 píxeles.

PUBLICIDADE