Fernando Suárez participa no impulso dun selo internacional de calidade para todas as especialidades da Informática

mércores, 21 de maio do 2014 Redacción

Fernando Suárez, presidente do CPEIGO presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo, participou na posta en marcha e constitución oficial da Comisión de Acreditación EURO-INF, un aval certificativo para Títulos de grao e Máster en Informática. Este selo de calidade vén da man da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e a Acreditación (ANECA) e abrangue todas as especialidades de Informática, tendo alcance internacional (está afianzado nunha ducia de países) e achegando unha serie de vantaxes importantes para os profesionais deste ámbito (axiliza e moito o seu potencial de mobilidade académica e profesional).
Desde a pasada semana, Suárez Lorenzo -en representación do Consello de Colexios de Enxeñeiros en Informática- é o vicepresidente da devandita comisión. No seu cargo, o presidente do CPEIG terá os seguintes cometidos: liderará e moderará as xuntanzas; coordinará, xunto coa secretaria, o traballo da comisión; asignará os expedientes a avaliar, indicará o relator e avaliador de cada título; revisará todos os informes de xeito previo e posterior á xuntanza de consenso e asinará os informes para a obtención do selo.

PUBLICIDADE