FACUA denuncia o desprezo de Ono aos seus clientes ao compensar un corte do móbil de 25 horas con 200 Mbytes de datos

martes, 3 de xuño do 2014 Marcus Fernández

FACUA-Consumidores en Acción está a denunciar a deficiente compensación coa que Ono quere resarcir aos seus clientes tras sufrir un corte do servizo de telefonía móbil durante 25 horas (entre as 18 horas do domingo e as 19 horas do luns), xa que a compañía limitouse a remitir unha mensaxe na que aseguraba que engadirían 200 Mbytes adicionais á tarifa de datos dos usuarios afectados, o que dende FACUA non dubidan en considerar como unha “roñosa compensación”, que boa parte dos clientes nin sequera poderán gozar por non chegar a consumir o volume mensual das súas tarifas de datos.
Dende FACUA lembran que cando Jazztel padeceu un corte do servizo móbil de entre 10 e 14 horas o pasado 12 de abril compensou aos seus clientes aboándolles 5 euros nas súas facturas. Tamén insisten en que a lexislación actual recolle unhas compensacións económicas ridículas para os cortes de servizos de telecomunicacións, que veñen a ser practicamente como devolver a cantidade económica proporcional ao custo do servizo para o usuario, ignorando os prexuízos provocados pola incomunicación (que deberían demostrarse e terían unha reclamación moi complexa), o que no caso do corte de Ono suporía que os clientes que paguen unha media de 30 euros/mes, poderían recibir unha compensación de 1,04 euros (que Ono ten que aboar por Lei, non sendo suficiente a polémica compensación en especie).

PUBLICIDADE