Esta semana podería chegar ao mercado o primeiro smartphone con procesador Intel

mércores, 18 de abril do 2012 Marcus Fernández

O director xeral de Intel, Paul Otellini, na conferencia na que comunicou os resultados financeiros do primeiro trimestre do ano anunciou aos investidores que xa está listo para o seu lanzamento o primeiro smartphone da compañía, concretando que a finais da semana poderiamos ver o anuncio do primeiro smartphonebaseado en arquitectura Intel, o que segundo certas informacións sería o Lava Xolo X900, un terminal con procesador Medfield a 1,6 GHz que podería lanzarse o vindeiro xoves na India. Este móbil funcionará con Android 2.3.7, tería pantalla de 3,5 ou 3,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles e unha cámara de 8 Mpíxeles.
Nas últimas semanas tamén se comentou que na China tamén venderase o Lenovo K800, smartphone con pantalla de 4,5 polgadas que tamén contará cun procesador Intel Atom a 1,6 Ghz, polo que o panorama dos procesadores vai pórse moi interesante, polo choque de Intel e ARM en 2 campos de batalla: Intel salta aos smartphones e Windows 8 terá versión para procesadores ARM.

PUBLICIDADE