En setembro só venderon 1.473 equipos para acceder á TDT de pago en España

xoves, 12 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Os datos non deixan de confirmar que o lanzamento da TDT de pago, con todo o que iso supuxo, non parece unha medida atinada, de xeito que a única canle que polo momento emite mediante tal sistema só captou ao 11% dos seus clientes a través da TDT Premium, e agora un informe de Impulsa TDT sostén que en setembro a venda de equipos para acceder aos contidos de Gol Televisión por TDT quedou nunhas anecdóticas 1.473 unidades (mentres que o número total de equipos de TDT vendidos ese mes ascendeu a 696.000), en boa media pola falta de abastecemento, pese a que a canle de televisión xa emitía en codificado dende primeiros de tal mes.
O mesmo informa subliña que a penetración da TDT acadou o 72,1% dos fogares españois en outubro e o 77,4% das vivendas tamén terían adaptado as súas instalacións. No tocante á penetración da TDT, Galicia quedaría entre as últimas comunidades co 64,5% de penetración, só por detrás do País Vasco, que quedou co 55%.
No tocante ás audiencias destacan que La Sexta é a canle con maior proporción de espectadores a través da TDT (o 54,4%, fronte ao 25% da analóxica), seguida por Cuatro (co 47% a través da TDT e o 35,4% por analóxico), mentres que Antena 3 e Telecinco xa conseguiron que o 44,9 e o 44,1% dos seus espectadores os seguisen a través da TDT.

PUBLICIDADE