En setembro chegarán a Europa móbiles da marca Levi’s

xoves, 21 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O fabricante de roupa vaqueira Levi’s non só estreou o pasado verán uns pantalóns adaptados para levar reprodutores iPod, senón que agora anuncia que en setembro varias tendas europeas recibirán uns novos terminais de telefonía móbil da marca, co que confirman a súa aposta por estar á última.
O deseño destes novos móbiles captura á perfección a esencia da marca Levi’s, cunha aparencia compacta e una carcasa metálica que se pode prender ós pantalóns mediante unha cadea.
Os novos teléfonos venderanse en cores prata, negra e marrón cobre, e permiten reproducir música, sacar fotografías e compartir ficheiros multimedia, aínda que non se coñece o prezo ó que se venderán.

PUBLICIDADE