Elixen ao iPhone 4 coma o móbil do ano

mércores, 16 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A piques de rematar a presente edición do Mobile World Congress de Barcelona, anuncian os gañadores dos Global Mobile Awards 2011, entre os que destaca especialmente o iPhone 4 por facerse co galardón de mellor dispositivo móbil de 2010, superando ao HTC Desire, o LG Optimus 7, a BlackBerry Torch 9800 e o Samsung Galaxy S. Curiosamente o fabricante do ano non foi Apple, senón HTC.
Entre os premiados tamén destacou o xogo móbil Angry Birds, que recibiu o galardón á mellora aplicación para iOS e para móbiles en xeral, mentres que para BlackBerry, Android e terminais de Nokia resultaron destacadas as aplicacións BlackBerry Messenger, Google Maps e Zum Zum respectivamente.

PUBLICIDADE