Cisco Systems di adeus as cámaras Flip

martes, 12 de abril do 2011 Marcus Fernández

A poucos días de que Cisco presentase en España as súas videocámaras compactas Flip, sorprenden ao anunciar que veñen de pechar tal liña de negocio, deixando a 550 persoas sen traballo, o que supón un triste final para a adquisición de Pure Digital (o fabricante orixinal das cámaras Flip Video) por parte de Cisco Systems hai un par de anos por 590 millóns de dólares.
Aínda que o comezo das cámaras Flip foi foi forte, liderando o seu sector cuns 2 millóns de unidades vendidas a mediados de 2009, este tipo de dispositivo está a perder presenza no mercado por culpa do iPhone e outros smartphones nos que a gravación de vídeo é xa algo habitual (lembremos que os primeiros iPhone non gozaba de tal prestación).
Estamos ante un caso no que unha compañía conseguiu un bo desenvolvemento tecnolóxico, pero non foi quen de superar o feito de que o mercado ía noutra dirección.

PUBLICIDADE