COGAMI inicia en Boiro un curso de alfabetización dixital no que se forman oito persoas
mércores, 2 de marzo do 2022
As
instalacións da aula CeMIT do Centro Social de Boiro acollen estes
dÃas curso de Alfabetización Dixital impartido pola Confederación
Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Esta formación
iniciárona un total de 8 persoas, 6 homes e 2 mulleres, todas elas
co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para
profesión habitual, e procedentes dos concellos de Boiro, A Pobra do
Caramiñal, Rianxo e Lousame.
A
actividade de capacitación tecnolóxica, financiada polo Ministerio
de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE e dentro
das Actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22,
contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns
a venres en horario de 9:30 a 14.00 horas, e nos que abordarán os
módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo.
Estes
cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a
inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os
coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no
mercado laboral. Arestora, bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas
un total de 419 persoas inscritas da comarca da Barbanza, das que 274
son homes e 145 mulleres.