Blusens amosará en Berlín o seu novo reprodutor de MP3 portátil

venres, 29 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O KEIA ten un deseño atractivo e se prensenta en 5 cores distintas

A empresa compostelá Blusens, como xa tiña anunciado, estará presente na edición de 2008 de IFA, a feira de electrónica de consumo que ten lugar ata o 3 de setembro en Berlín, aproveitando o evento para amosar no seu expositor (stand 115, hall 14.1) as súas últimas novidades entre as que destacan o seu novo Home Entertainment Device (HED) e o seu KEIA, que é un novo reprodutor de MP3 compacto (41 x 46 x 12 milímetros) e lixeiro (19 gramos) que se presenta coma opción cómoda para levar a música sempre enriba á vez que podemos exhibir o seu atractivo deseño.
O KEIA se venderá en 5 cores diferentes en acabados brillantes e en neopreno, conta con cinco botóns dianteiros para o seu manexo e unha pantalla en dúas cores, inclúe unha pinza na súa cara traseira para poder prendelo á roupa, reproduce MP3, Ogg e WMA, sintoniza radio FM, inclúe reloxo, cronómetro, temporizador e gravadora de voz (incorpora micrófono).
Blusens tamén levará á feira IFA os seus televisores LCD, discos duros multimedia e moitos outros dispositivos que forman parte do amplo catálogo do fabricante galego de electrónica de consumo.

PUBLICIDADE