BES 10 non soportará terminais con BlackBerry 7

mércores, 22 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Os terminais con BlackBerry 7 precisarán de BES 5 para seguir a operar

As cousas para Research In Motion (RIM) parece que continúan costa arriba, e agora confirman que vai deixar de desenvolver a actual plataforma BlackBerry Enterprise Server (BES), deixándoa na futura versión 5.0.4, de xeito que no futuro só contaría con actualizacións de seguridade, forzando ás compañías a adoptar unha nova xeración de BES, que non soportará aos dispositivos BlackBerry baseados en Java (como os móbiles BlackBerry 7) de xeito que as compañías que desexen dar soporte a vellos e novos terminais á vez deberán correr 2 servidores simultaneamente, o que pode converterse en todo un pesadelo, ou incluso un investimento difícil de asumir.
A nova xeración do BlackBerry Enterprise Server respondería ao nome de BES 10, e funcionará cos dispositivos de BlackBerry actuais, incluíndo o tablet BlackBerry PlayBook, aínda que tamén funcionará con dispositivos con iOS e Android, e chegará ao mercado a primeiros de 2013, xunto cos smartphones con BlackBerry 10.

PUBLICIDADE