Asus amosa no CeBIT un prototipo de portátil con 2 pantallas táctiles

martes, 3 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O prototipo pódese ver no CeBIT de Hannover

Pese a que só sexa un prototipo do que aínda non se coñecen detalles importantes, no CeBIT pódese ver o que está a dar de si o proxecto WePC (desenvolvido conxuntamente por Asus e Intel), que conta como principal expoñente un portátil con dúas pantallas táctiles que aínda dista do que será o produto final, pero que resulta interesante pola súa versatilidade: pode operar en modo libro, unha das súas pantallas pode converterse nun teclado virtual para transformarse nun portátil tradicional e incluso podería crear novos usos que hoxe non podemos imaxinar (aínda que esta idea parece copiada do que sería o XO-2 do proxecto OLPC).

PUBLICIDADE