As bibliotecas de A Coruña organizan un obradoiro que casa a xeometría coa Web 2.0

luns, 3 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O mércores 12 de agosto ás 9 da mañá comeza na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de A Coruña XeoMetrica, unha iniciativa na que buscan que os cativos de entre 8 e 12 anos participen conxuntamente cos seus avós para compartir coñecemento, de xeito que os avós axudan a descubrir a xeometría nos currunchos da cidade herculina, mentres que os cativos botan unha man na achega á Web 2.0.
Os participantes neste obradoiro percorrerán a cidade cunha cámara para localizar as formas xeométricas que repasaron anteriormente na biblioteca, e os interesado poden inscribirse en calquera das bibliotecas municipais de A Coruña.

PUBLICIDADE