Apple renova os seus Xserver e Mac Pro

martes, 8 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Novo Mac Pro

Os seguidores do mundo do Mac víronse hoxe sorprendidos pola renovación dos equipos de alta gama de Apple (que non agardaron á presentación que fará a compañía a vindeira semana), de xeito que xa se coñecen os novos ordenadores Mac Pro e servidores Xserve.
Os novos Mac Pro contan con 8 núcleos e dobran en potencia ós modelos anteriores, chegando ata os 4 Tb de almacenamento e 32 Gb de RAM, contando con novas tarxetas gráficas ATI Radeon de 256 Mb e NVIDIA GeForce de 512 Mb, aptas para o traballo en contornos 3D. Estes equipos venderanse a partir dos 2.799 dólares.

Xserve enrackado

Os servidores Xserve tamén contan con 8 núcleos e chegan ós 3,0 GHz de velocidade, con 3 Tb de almacenamento interno e con prezos que parte dos 2.999 dólares. Estes equipos poden instalarse en armarios de servidor de 1 U, contan con 2 tarxetas PCI Express 2.0 que cuadriplican o largo de banda do modelo anterior e que permite a instalación de tarxetas Fiber channel de 4 Gb e 10Gb Ethernet.

PUBLICIDADE