Apple renova os seus MacBook Pro

martes, 5 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Despois de moitos rumores finalmente Apple renova a súa oferta de ordenadores portátiles incorporando a última tecnoloxía de microprocesadores de Intel (Santa Rosa) de xeito que os portátiles MacBook Pro incorporan procesadores Intel Core 2 Duo, soportando ata 4 Gb de RAM e contado con novas tarxetas gráficas (NVidia GF8600M GT). Os equipos continúan a incorporar a cámara iSight, o adaptador de corrente MagSafe e a comunicación sen fíos co estándar 802.11n, así como a mesma aparencia externa que as anteriores versións.
Pero, aparte de cambiar o corazón da máquina, o tecnoloxía das súas pantallas tamén se renova, estreando retroiluminación baseada en LED o que reduce o consumo das mesmas (elemento moi importante na autonomía dos portátiles) e permite que a compañía cumpra co seu compromiso de eliminación do uso de mercurio nos seus produtos.
Os MacBook Pro véndese con pantallas de 15 e 17 polgadas, ofertándose opcionalmente unha pantalla de 17 polgadas de alta resolución que permitiría amosar 1.920 x 1.200 píxeles, ou sexa, un 30% máis de visualización que a pantalla estándar, e mesmo superando a resolución estándar de televisión de alta definición.
O modelo de 15 polgadas e procesador a 2,2 GHz véndese a 1.849 euros, o de 15 polgadas e procesador a 2,4 GHz a 2.299 euros e o MacBook Pro con pantalla de 17 polgadas e procesador a 2,4 GHz véndese a 2.599 euros (coa pantalla estándar de 1.680 x 1.050 píxeles, mentres que a opción de alta resolución incrementaría o prezo en 90 euros).

PUBLICIDADE