Apple actualiza o seu MacBook branco

xoves, 28 de maio do 2009 Marcus Fernández

A tenda en liña de Apple modificou un dos seus produtos sen previo aviso, e así o seu MacBook branco (a opción máis interesante para introducirse no mundo de Apple) vén de mellorar a velocidade do seu procesador e a capacidade do seu disco duro. Deste xeito o portátil con pantalla de 13 polgadas, procesador Intel Core 2 Duo a 2,0 GHz, 2 Gb de RAM, 2 Gb de memoria RAM a 667 MHz e 120 Gb de disco duro pasa a ter un procesador Intel Core 2 Duo a 2,13 GHz, 2 Gb de RAM a 800 MHz e un disco duro de 160 Gb, o que non é un salto de prestacións moi elevado, pero resulta atractivo polo feito de que non incrementou o seu prezo de 899 euros.
Aparte desta configuración básica, tamén é posible ampliar a súa memoria ata 4 Gb e o seu disco duro ata 500 Gb (mentres que nos MacBook de aluminio a capacidade de disco máxima é de 320 Gb). As especificación do produto tamén indican que agora a autonomía do equipo chegaría ás 5 horas, cumprindo co programa Energy Star 5.0.

PUBLICIDADE