Anuncian un novo sistema para marcar as cancións que se oen pola radio para mercalas posteriormente

luns, 10 de setembro do 2007 Marcus Fernández

i-Sonic ES2 de Polk Audio

Apple, iBiquity Digital e varias empresas de radio de alta definición anunciaron que ofrecerán un novo servizo de balde chamado iTunes Tagging (etiquetado iTunes) que permite que os oíntes con receptores de HD Radio poidan premer nun botón especial que marcará as cancións que se están a escoitar nese momento para a súa ulterior compra na tenda de música de Apple.
Nun principio o botón e etiquetado iTunes estará presente en receptores JBL e Polk Audio. Esta última empresa incluso presentou o i-Sonic ES2, que é un dispositivo híbrido entre radio dixital e estación base para o iPod, de xeito que as cancións marcadas da emisión radiofónica se poden gardar nun iPod para o seu acceso a tal listaxe de reprodución cando conectemos o reprodutor ó ordenador.

PUBLICIDADE