Amena premia a fidelidade con datos móbiles

xoves, 14 de decembro do 2017 Marcus Fernández

Para chamar a atención sobre as súas promocións hai compañías que adoptan fórmulas orixinais, como Amena, que anuncia que por cada ano novo que pasen os seus clientes con eles recibirán 1 GB de datos adicionais ao mes, o que parecería toda unha ganga se non fose porque comeza a contar a permanencia a partires do 1 de xaneiro de 2018 e cun máximo de 3 GB acumulados.
Temos así unha ferramenta de fidelización que posiblemente saia barata para a compañía, xa que non todos os seus clientes esgotan os datos incluídos na súa tarifa, os beneficios tardarán un ano en facerse notar e a recompensa que reciben os clientes é cada ano máis barata, pero o efecto psicolóxico de perder os beneficios en caso de baixa, migración ou falta de pago pode funcionar ben como incentivo.

PUBLICIDADE