Advirten en Francia dos riscos do uso intensivo do móbil

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O Ministerio de Saúde, Xuventude e Deportes francés sorprendeu esta semana cunha advertencia sobre o uso excesivo dos móbiles, especialmente polos cativos, aínda que non existan probas científicas de que a tecnoloxía móbil sexa perigosa.
O titular da carteira ministerial declarou que «como a hipótese do risco non pode ser totalmente excluída, a precaución está xustificada» e, segundo parece, estas advertencias están impulsadas principalmente pola aparición no mercado de teléfonos móbiles deseñados para nenos, que poderían ser os máis afectados polos supostos perigos das emisións dos terminais móbiles.
Os consellos realizados son bastante curiosos, pois recomendan facer uso do móbil «con bo criterio, evitar chamar cando a recepción é mala ou durante viaxes a alta velocidade e, finalmente, manter o teléfonos afastado de zonas sensibles do corpo usando un kit de mans libres».

PUBLICIDADE