Adaptan unha PSP para o seu uso como pantalla secundaria para PC

mércores, 8 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os hackeos da consola portátil de Sony permiten principalmente a carga de xogos copiados, pero un desenvolvedor de aplicacións caseiras para a PSP chamado Jochen Schleu conseguir facer unha modificación do firmware da consola para permitir o seu funcionamento como pantalla secundaria en ordenadores que funcionen co sistema operativo Windows XP, soportando a presentación de información cunha resolución de ata 960 x 544 píxeles.
A utilidade desde hackeo aínda estaría por ver, pero resulta gratificante ver como se lle pode atopar un uso ás consolas portátiles distinto aos videoxogos, o que podería ser interesante para cando se convertan en trebellos obsoletos (ou ante un mal funcionamento).


Demostración da modificación do firmware desenvolvida por Jochen Scheu

PUBLICIDADE