Actualizan o firmware da PS3 e da PSP

mércores, 15 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A PSP permite acceder á PlayStation Store a través de Wi-Fi

As videoconsolas de Sony cambian de firmware para incorporar novidades, e así a PlayStation 3 chega á súa versión 2.50 mentres que a PSP estrea a versión 5.00. Estas actualizacións corrixen problemas detectados con anterioridade á vez que achegan novas prestacións, destacando especialmente no caso da PSP, que inclúe o acceso á PlayStation Network directamente dende a consola portátil, de xeito que xa é posible descargar xogos, trailers e demos a través de Wi-Fi.
A PS3 pola súa banda incorpora soporte para o Headset Bluetooth oficial de PS3, mellora o sistema de trofeos, a reprodución de vídeos incorpora busca de escenas, o sistema de aforro de enerxía permitirá desactivar os mandos sen fíos tras un tempo sen actividade, se poden facer capturas de pantalla durante as nosas partidas (característica que non será compatible con todos os títulos do mercado), posibilita un apagado automático tras rematar algunha descarga pesada da Internet (evitando que o usuario teña que estar pendente para apagar a consola) e o navegador web integrado inclúe soporte de Flash 9 (o que abre o acceso a certas páxinas de grande interactividade ou con contidos de vídeo).


Demostración do acceso á PlayStation Store dende a PSP sen utilizar unha PS3 ou un PC

PUBLICIDADE