Activa Galicia comeza a ensamblar os seus propios ordenadores

martes, 16 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O grupo de distribución especializado na venda de electrónica de consumo, Activa Galicia, iniciou a produción e venda de ordenadores persoais deseñados na comunidade galega e que se venderán baixo a marca Norden System, estimando a venda dunhas 2.000 unidades durante este ano.
O produto desenvolvido polo departamento tecnolóxico de Activa Galicia (marca do Grupo Comercial Gallego, S.A.) ensambla e vende equipos informáticos a medida, que se entregan nun prazo máximo de 48 horas, decidindo a empresa dedicarse á ensamblaxe para gañar valor engadido nun negocio dominado por multinacionais. Así, o clientes das 100 tendas de Activa Galicia poderán encargar equipos a medida, que lle permitan combinar prezo e prestacións segundo as súas necesidades.

PUBLICIDADE