Acordan as bases da prestación de servizos de televisión conectada en España

xoves, 20 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O servizo de televisión conectada da TVG xa <a href="http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/a-crtvg-inicia-as-primeiras-probas-para-a-implantacion-da-television-conectada">está a operar en probas</a>Hai cousa dun ano a industria audiovisual española acadou un consenso sobre o estándar de televisión híbrida, o sistema HbbTV, e agora o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo publicou na súa páxina web dedicada á televisión dixital un novo documento (que podemos descargar en formato PDF) no que recolle o consenso da industria sobre as condicións técnicas que deben ter os receptores e os servizos interactivos para garantir que funcionen correctamente en calquera televisor.
O documento nace do consenso entre as principais multinacionais de electrónica de consumo, canles de televisión, desenvolvedores de servizos e provedores de tecnoloxía de encriptación, participando un total de 54 empresas na elaboración do informe coordinado pola Asociación Española de Empresas de Televisión Interactiva (AEDETI) co apoio de RTVE que persegue a creación dun contorno estable que incentive o investimento en servizos de televisión conectada.
Agora deberanse elixir as entidades de certificación e homologación dos modelos compatibles, para que os consumidores poidan identificar mediante distintivos se un dispositivo soporta os novos servizos de televisión conectada como o vídeo baixo demanda, o Catch-up TV ou a información mellorada sobre eventos.
Podemos destacar que a TVG leva dende o pasado mes de decembro operando como canle híbrida de contidos, podendo gozarse de tal posibilidade no contorno de Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE