A publicidade nos móbiles comeza a imporse en España

mércores, 5 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Coca-Cola achega os goles da xornada de fútbol a través de Movistar

A publicidade nos móbiles poderían ser a canle que compense ás operadoras de telefonía da baixada dos prezos nas chamadas (que se reduciron un 18% dende o último cuadrimestre de 2005), e en España as principais operadoras xa están a experimentar as distintas posibilidades publicitarias: Orange incorporou o patrocinio de Amstel na serie de vídeo para móbil Los Villanos, Vodafone desenvolveu experiencias piloto con Ikea e Telefónica fixo o propio con Coca Cola (permitindo a descarga gratuíta de vídeos cos goles da liga de fútbol).
Agora tamén se abre a porta do Bluetooth, e xa hai locais nos que os usuarios que teñan tal tecnoloxía sen fíos activada (normalmente para o uso de sistemas de mans libres) poderán recibir distintas promocións en forma de descarga (normalmente de vídeo).
Os responsables do sector xa aseguran que igual que no cine, a televisión e o ordenador, o desembarco da publicidade nos móbiles é imparable.

PUBLICIDADE