A páxina web da CMT permite consultar o operador de cada número móbil

luns, 2 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A meirande parte das compañías de telefonía teñen tarifas especiais para chamadas a outros clientes da mesma, e aínda que inicialmente os prefixos de cada número telefónico podían servir como indicador de cada operadora (no caso dos móbiles) a portabilidade fixo que iso xa non fose posible, de aí que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións veña de estrear na súa páxina web unha ferramenta que permite consultar o operador ao que pertencen os números de móbil que introduzamos no sistema (xunto cun código CAPTCHA para evitar a consulta por parte de sistemas automatizados) achegando como resultado o número consultado, o seu operador actual e a data e hora da consulta.
Este novo servizo busca aumentar a transparencia na información e tira proveito do novo centralizado para a portabilidade móbil inaugurado hai pouco e, de feito, cando consultamos un número que está mudando de operadora podemos ver coma no seu estado atópase o valor «en proceso».

PUBLICIDADE