A nosa terra, no cuarto posto da listaxe de comunidades Wi-Fi

venres, 24 de abril do 2009 Fernando Sarasketa

O Grupo Gowex presentou esta semana unha investigación sobre o acceso sen fíos á Rede e a demanda e a oferta da que está a ser obxecto en España, tanto dende o público como dende o privado. O estudo, do que xa dimos conta nesta nosa web, facía especial mención de Galiza como un territorio activo abondo no que se refire á aposta por estas tecnoloxías, en boa medida porque semellan ser estas tecnoloxías as que en parte nos axuden a salvar certos atrancos derivados do illamento demográfico e a paisaxe accidentada. Pois ben, o Informe Anual Wi-Fi non se esgota nos datos xerais e concretos que anunciamos os días pasados: ten un posto específico para a nosa terra en materia de iniciativas municipais sen fíos no territorio español, concretamente o posto número catro, con máis de 30 concellos inscritos como operadores da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) e cunha decena de gobernos locais achegando servizos Wi-Fi en diferentes modalidades aos seus cidadáns.
Por certo que Galiza só está a ser superada neste senso por Andalucía, Aragón e Catalunya.
Asemade, sinálase no informe, estamos situados na sexta posición no que se refire á habilitación de puntos de conexión Wi-Fi en espazos comerciais (espazos sobre todo vinculados á hostalería).
A todos estas iniciativas locais cómpre engadir a da cidade de Ourense, que segundo dá conta Gowex decidiu rexistrarse hai uns días na CMT como operadora e co obxectivo de estender a súa rede Ourense Wi-Fi a dez espazos públicos do seu centro urbano e catorce núcleos do perímetro rural. E todo isto antes de que remate o ano 2009.
Volvendo aos puntos de conexión comerciais, a firma achega datos sobre o seu número actual (416) e os seus principais emprazamentos: bares, restaurantes, gasolineiras, etc.
Reparto de Concellos Wi-Fi en Galicia (dando servizo ou en trámites de dalo):
- Coruña:
· A Coruña
· Corcubión
· Concello de Santiago de Compostela
· Concello de Boimorto
· Carral
- Ourense:
· Ourense
· Toén
· Concello de Castro Caldelas
· Concello de Castrelo de Miño
· Concello de Arnoia
· Concello de Allariz
- Pontevedra:
· Concello de Pontevedra
· Concello de Ribadumia
· Concello de Vilaboa
· Concello de Nigrán
· Concello de Cuntis
· Concello de Manzaneda
· Concello de San Sadurniño
· Concello de Tomiño
· Concello de Salvaterra do Miño
· Concello de Vilanova de Arousa
· Concello de Cambados
· Concello de A Cañiza
· Concello de A Estrada
· Concello de Soutomaior
· Concello de O Rosal
· Concello de Ponteareas
· Concello de Mondariz Balneario
- Lugo:
· Concello de Meira
· Concello de Ribeira de Piquín
· Concello de Pol
· Concello de A Pastoriza
· Concello de Láncara
· Concello de Rábade
· Concello de Begonte
· Concello de Samos
· Concello de Cervantes
· Concello de Foz

PUBLICIDADE