A Xunta opta pola tecnoloxía de R para modernizar as súas comunicacións

venres, 27 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A Xunta de Galicia adxudicou os seus servizos de telecomunicacións fixas a R, o que suporá un aforro de máis de 15 millóns de euros durante os próximos 6 anos.
A operadora galega de cable foi a que presentou a mellor oferta técnica e económica para todos e cada un dos lotes de rede fixa, así como na oferta conxunta para o total dos que conformaban a solución de rede fixa.
O importe da licitación do Concurso para Rede Fixa foi duns 29 millóns de euros, e de 8,2 millóns para Telefonía Móbil, e con esta iniciativa a Consellería de Presidencia sitúa á Xunta como unha das administracións líderes en España na utilización das novas infraestruturas de fibra óptica.

PUBLICIDADE