A Xunta confÃa no potencial da computación cuántica
venres, 18 de marzo do 2022
O vicepresidente económico e conselleiro de EconomÃa,
Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe que o Polo de TecnoloxÃas
Cuánticas no que traballa Galicia é unha oportunidade para que a I+D+i
contribúa á recuperación sustentable e dixital, destacando que a gran achega da
Comunidade é o talento das súas empresas e centros de coñecemento, entre os que
se atopan as tres universidades e o Centro de Supercomputación de Galicia
(CESGA).
Conde
participou en Pozuelo de Alarcón (Madrid) na presentación do Plan
complementario de I+D+i en comunicacións cuánticas, nun acto presidido pola
ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant. Tal e como se explicou no
encontro, na execución do programa, ademais de Galicia, colaborarán as
comunidades autónomas de PaÃs Vasco, Cataluña e Castela e León, ademais do
Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC). Ten un orzamento total
de 73,5 millóns de euros, dos que 9,6 corresponden a Galicia (sendo 3,4 millóns
de euros fondos da Xunta).
Na súa intervención, o vicepresidente económico sinalou que
a iniciativa permitirá construÃr sinerxÃas territoriais, aliñar a execución dos
fondos europeos ante o reto da transformación dixital e establecer prioridades
comúns.
O Plan complementario supón unha oportunidade para
involucrar ás empresas nas novas posibilidades que ofrece a segunda revolución
cuántica, en eidos como a seguridades das comunicacións; o reforzo da
computación, resolvendo problemas ata agora inabarcables e de grande interese;
ou a construción de sensores cunha enorme sensibilidade. Isto permitirá
resolver as demandas cientÃfico-técnicas de sectores que van desde a medicina á
bioloxÃa, pasando polas telecomunicacións ou a propia industria.
Galicia prevé construÃr un laboratorio de investigación en
comunicacións cuánticas, radicado en Vigo, que aspira a ser un referente a
nivel nacional e internacional, e que contará co despregamento dunha primeira
liña de comunicacións que unirá Vigo co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Trátase de todo un reto tecnolóxico que contribuirá ao despregamento posterior
destas tecnoloxÃas de ciberseguridade a nivel nacional, e poñerá a España á
vangarda da futura rede europea de comunicacións cuánticas.
Desde Galicia tamén se buscará impulsar as comunicacións
aeroespaciais, comezando polo incremento da ciberseguridade de infraestruturas
crÃticas; e consolidarase a liña de traballo teórica sobre seguridade e deseño
de novos sistemas de comunicacións cuánticas.
A participación nestas iniciativas será a base para o polo
galego de tecnoloxÃas cuánticas, chamado a xogar o papel de revulsivo de I+D+i
nesta área de grande interese estratéxico. Nacerá cunha visión clara: conseguir
un impulso disruptivo das tecnoloxÃas cuánticas en computación e comunicacións
en Galicia para a mellora do coñecemento, o avance da tecnoloxÃa, e a
recuperación económica.
Este Polo de TecnoloxÃas Cuánticas apoiarase en catro
piares: a Universidade, atraendo o talento e formando aos profesionais do
futuro; os centros de I+D+i, que xerarán novo coñecemento, asà como novos
produtos e servizos baseados en tecnoloxÃas cuánticas; as empresas, coas que se
traballará para impulsar a innovación e a utilización destas tecnoloxÃas; e a
sociedade, que obterá novos servizos ofrecidos por estas tecnoloxÃas, e á cal
haberá que dar a coñecer a súa utilidade e os beneficios alcanzados por
investir nelas.